AUTOCONSUMO RESIDENCIAL

O autoconsumo solar para fogares é a solución para poder gozar dunha enerxía totalmente renovable, ademais de conseguir un gran aforro na nosa factura eléctrica.
Dar o paso cara ao autoconsumo é unha decisión importante, por iso acompañarémoste en todo momento encargándonos de todo para que comeces a gozar da túa propia enerxía.
O autoconsumo é bastante sinxelo. No momento en que teñas os teus paneis solares instalados, comezarás a recoller a enerxía do sol e será transformada en enerxía eléctrica lista para o seu consumo. Pero ademais, disporás da túa conexión á rede convencional para que nunca quedes sen subministración.
Ademais, en Lidera Energia encargámonos de que poidas beneficiarte dos excedentes que vertes á rede.
XESTIÓN DE EXCEDENTES
En Lidera Energia propuxémonos que os nosos clientes cheguuen a ter unha factura da luz a 0 €, e explicarémosche como facelo.
Compensamos os teus excedentes a prezo de mercado. Deste xeito, toda a enerxía que non consumas procedente da túa instalación fotovoltaica compensará os kW que recibes da rede convencional cando o teu sistema fotovoltaico non pode producir.
Compensamos cos teus excedentes tanto a nosa cota de servizo como a potencia contratada para conseguir unha factura 0 € real.

Chamámoste?
Se tes algunha consulta, necesitas asesoramento na instalación de paneis solares ou queres liderar o cambio hoxe mesmo.
Déixanos o teu teléfono e chamarémoste!
Lin e acepto a Política de Privacidade.





