A NOSA HISTORIA
Coñece o Equipo Lidera

Lidera Enerxía forma parte do holding empresarial Greening Group, configurado por un total de sete compañías, estando especializada cada unha delas en unha área de servizo que nos permite estar verticalmente integrados en toda a cadea de valor.
En Lidera, nos encargámonos do autoconsumo residencial e industrial guiando ao cliente no proceso para producir a súa propia enerxía de maneira sostible a partir da instalación fotovoltaica no seu inmoble, sexa cal sexa a tipoloxía.
Temos máis de 10 anos de experiencia e miles de clientes confiaron en nós. Nós encargámonos de todo, e mesmo podemos facer o investimento por ti. Ofrecémosche a mellor solución en autoconsumo.
MÁXIMA CONFIANZA E REPUTACIÓN
Banco Sabadell, socio de Greening Group

Banco Sabadell, a través do seu vehículo de investimento especializado en renovables, Sina Renovables, incorpórase como novo socio de Greening Group.
Grazas a este acordo, o noso grupo poderá impulsar aínda máis o plan de crecemento previsto para as compañías pertencentes ao grupo, non só servíndonos de apoio para este crecemento orgánico nos diferentes mercados nos que estamos presentes, senón tamén dotándonos de apoio financeiro para o desenvolvemento e a execución de 30 MW en carteira de PPA industriais e proxectos de xeración nos próximos 12 meses, así como axudándonos a consolidar a nosa expansión internacional en Alemaña e nos EUA.


AS MELLORES GARANTÍAS
Lidera Enerxía obtén a certificación ISO 9001 e 14001

Que certifica a ISO 9001? É a norma sobre xestión da calidade con maior recoñecemento en todo o mundo e acredita que en Lidera Enerxía contamos con todos os elementos necesarios para dispoñer dun sistema efectivo que nos permita administrar e mellorar a calidade dos nosos produtos e servizos, é dicir, o noso compromiso coa excelencia.
E a ISO 14001? Que somos responsables e estamos comprometidos coa protección do medio ambiente.
AS NOSAS CIFRAS
En Greening Group estamos comprometidos coa sostibilidade e o medio ambiente. Lidera Enerxía é a primeira comercializadora que inviste nos seus clientes, diferenciándose das compañías eléctricas, ofrecendo un servizo global de actuacións enerxéticas para particulares, empresas e industrias.





LIDERAMOS A TÚA ENERXÍA

PRÓXIMOS
Chama e consulta co teu asesor de confianza!
Gústanos a proximidade e o trato persoal cos nosos clientes. A diferenza doutros, a nosa relación será duradeira.
Ao longo da nosa relación, sempre te asesoraremos e informaremos sobre as vantaxes fiscais que podes obter.
TRANSPARENTES
Resolvemos as túas dúbidas de maneira clara e sinxela
Tanto nas tarifas como nos procesos e xestións, encargámonos de que todo o que facemos sexa o máis transparente do mercado.


COMPROMETIDOS
Chamámoste?
Se tes algunha consulta, necesitas asesoramento na instalación de paneis solares ou queres liderar o cambio hoxe mesmo.
Déixanos o teu número de teléfono e chamarémoste!





